Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Os espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria protagonizan o concerto de apertura do MUMI 2022
Os espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria protagonizan o concerto de apertura do MUMI 2022


Os espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria protagonizan o concerto de apertura do MUMI 2022

•  A organización aposta por dúas impactantes propostas escénicas que poñen o foco na experimentación a partir das músicas de raíz.

 

 

O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subirán ao palco do Jardim Municipal de Valença mañá xoves 29 de setembro ás 22H GZ - 21H PT para ofrecer dous espectáculos que se centran nas músicas de raíz, unha aposta que desde a organización se entende como a necesidade de promover a música tradicional interpretada desde unha visión contemporánea, como forma de garantir o seu futuro; unha tradición máis viva ca nunca, que está logrando posicionar as músicas de raíz de ambos territorios na vangarda da experimentación e nos tops das listas de reproducións.

 
Xosé Lois Romero & Aliboria vannos presentar as novas cancións publicadas neste 2022. Máis dunha ducia de músicos e músicas, armados só coa súa voz e a percusión tradicional galega; percusións clásicas de pandeiros, pandeiretas ou bombos, e percusións populares que se usaban na Galiza a principios do século XX: latas de pementón, chaves, tixolas, ou ferramentas para tallar a terra. As voces, todas femininas, harmonizan dun xeito tan sensible como salvaxe. Como se un coro da igrexa cantase a "haka" da selección de rugby de Nova Zelanda. Unha bestialidade marabillosa.


Pola súa parte, o portugués Omiri vai sorprender cunha mestura de músicas e paisaxes sonoras de todo Portugal nun mesmo espectáculo. Empregando vídeos con gravacións de campo manipuladas para servir de base musical á composición e improvisación de Vasco Ribeiro Casais, recupéranse prácticas musicais xa esquecidas, facéndoas permeables e accesibles á cultura dos nosos días, sincronizando formas e músicas da tradición rural portuguesa. Nos últimos anos Omiri consolidouse como un dos proxectos musicais máis internacionais de Portugal, levando a cultura portuguesa ás principais salas e festivais do mundo. En directo, Vasco Ribeiro Casais actúa con Maria Antunes, Guilherme Brak-Lamy e Rafaela Pinto, tres danzarin@s que dan corazón ás coreografías de Filipa Peraltinha nunha mestura de hip-hop, danza contemporánea e tradición.

 

O concerto está aberto ao público xeral con entrada libre.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa